luns, 18 de maio de 2015

EXPOSICIÓN FAROS

Hoxe fomos de visita ao edificio de primaria, para ver a EXPOSICIÓN DE FAROS que os alumnos de 3º da ESO realizaron, pintando sobre tellas.


Primeiro falamos do material sobre o que pintaron:
* As TELLAS que se encontran nos tellados das casas.

Despois falamos un pouco sobre os FAROS:
* Que coa súa luz iluminan pola noite para que os barcos que se achegan a porto non choquen contra as rochas.

Na nosa excursión de fin de curso a "A Coruña" iremos a ver un faro moi coñecido A TORRE DE HÉRCULES.



Quedáronlles chulísimas, auténticas obras de arte!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.