domingo, 10 de maio de 2015

A NOSA BOLBORETA "Papilio Machaon"

Esta semana cando chegamos da ponte, unha gran sorpresa estábanos esperando...

Algo incrible pasara na caixa das nosas EIRUGAS de Papilio Machaon , que estiveron todos estes meses "agochadiñas" nos seus CASULOS.


Foi incrible abrir a caixa e observar a fermosa BOLBORETA que saira dun dos CASULOS...


Despaciño e con moito coidado, con axuda dun pao, sacamos a bolboreta da caixa e deixámola en liberdade.
Debémoslle caer moi ben, xa que puxose a rebolotear arredor nosa, pousándose nos mandilóns.



Nunca antes observáramos tan de preto unha bolboreta tan grande e tan fermosa. Foi unha experiencia inolvidable!

Aproveitamos para recordar como eran as eirugas cando chegaron á nosa clase ao inicio do curso, no mes de outubro, vendo fotos na PDI, e logo miramos a caixa, para observar os casulos (que aínda quedan 3 sen eclosionar) e atopamos o casulo aberto e baleiro do que saíu a nosa BOLBORETA PAPILIO MACHAON

Falamos da METAMORFOSE que sufriron as orugas para converterse en bolboretas: CAMBIO DE FORMA que se produce dentro do casulo.



Realizamos un debuxo da eiruga e da bolboreta. Que tal nos quedou?



Pareceunos tan espectacular a nosa bolboreta, que quixemos ensinarlla e falarlle un pouco dela ós nosos compañeiros, tanto de E.I. coma de E.P.


Eles tamén quedaron abraiados!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.