MMM... QUE RICO!
Hoxe tocou desfrutar do doce sabor do CHOCOLATE, combinándoo co rico PLÁTANO.
Todos probamos antes da merenda!
Probamos, e repetimos, e repetimos e... cando xa non quedaba plátano, mollamos galletas na fonte de chocolate, mazá, cereixas... o que tiñamos a man na bolsa da merenda!
E cando xa se estaba rematando o chocolate relamemos os dedos...
DELICIOSO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.