sábado, 2 de maio de 2015

ANIMAIS: SERPE

De novo un dos meus pequenos conseguiu sorprendernos cunaha manualidade sobre ANIMAIS feita na casa: unha SERPE de TAPÓNS.

Para facer a serpe, ROI,  reciclou tapóns de leite e de refresco que perforou cun taladro con axuda do seu pai. De cabza empregaron un tapón de deterxente. A lingua fixérona cun cable e os allos con dous parafusos. 


"O 3 É UNHA SERPE QUE XIRA SEN PARAR..."

Falamos un pouco e reflexionamos sobre este animal:

* Pola maneira que ten de desprazarse rápido asociaron que se trababa dun REPTIL.




* Como todos os animais deste grupo, é OVÍPARA



* Polo tipo de alimentación é carnívora. As serpes velenosas pican as súas víctimas para despios comelas. Outras serpes estrangulan ás presas para asfixialas e despois comelas.



* Teñen a pel cuberta de escamas.






* Cambian a súa pel: mudan a camisa (cando están medrando).



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.