martes, 12 de abril de 2016

CONTACONTOS: NAI DE GUILLE




Hoxe CAROL, a nai de Guille, inaugurou o noso período de CONTACONTOS. Veu a contarnos un conto e PORTUGUÉS xa que naceu en BRASIL





Ao buscalo no mapa, decatámonos que quedaba en América de Sur, preto de Perú (país do que falamo onte).


Carol leunos un conto tradicional que lle gusta moito a Guille e que o resto de nen@s coñecen xa que forma parte da súa infancia e tamén da nosa... "OS TRES PORQUINHOS".



Escoitaron atentos o conto e ao rematar pedímoslle a Carol que nos repetise algunha das palabras clave do conto, para saber como se din en portugués:

CASTELÁN - GALEGO - PORTUGUÉS
* cerditos - porquiños- porquinhos
* paja - palla - palha
* ramas de árbol - ramas de árbore - galhos de árbore
* ladrillos - ladrillos - tijolos


Ademais de contarnos o conto, Carol tamén nos cantou unha canción en portugués: "OS 5 PATINHOS". A medida que a cantaba, acompañouna con xestos que os pequech@s intentaron imitar. 



Dende que comezamos co proxecto dos cullarapos, aprendemos unha canción sobre un sapo un tanto porcallán que non quere lavar o pé; e sabedes en que lingua está a canción? pois en portugués, así que pedímoslle a Carol que nola cantase, e así o fixo mentres nós a acompañábamos. 

Aquí vos deixo a canción de "O SAPO NAO LAVA O PÉ"



Encantounos que Carol viñera á aula e escoitala falar na súa lingua; foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora para tod@s. Moitísimas grazas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.