luns, 4 de abril de 2016

MOCHILA VIAXEIRA: ANXO DOVAL


Despois de toda unha semana na casa de ANXO DOVAL, hoxe a MOCHILA VIAXEIRA voltou ao cole.

Anxo contounos que o que máis lle apetecía era escribir no DIARIO, así que púxose mans á obra. O seu pai debuxou unhas ras moi divertidas e el pintouna: unha ra con anteollos de sol, unha ra superhéroe, un cullarapo no estanque, prantas acuáticas... (decidiron realizar este debuxo pola relación que garda no proxecto que estamos realizando sobre os cullarapos)

Aproveitando a temática do libro "O RÍO E A LAGOA", a familia de Anxo decidiu saír de expedición por Villestro, onde viven os seus avós, aínda que a choiva dificultou un pouco o asunto. Querían observar a flora e a fauna da zona: atoparon unha lesma, un zapateiro e ata foron a unha fonte na busca de cullarapos, pero non houbo sorte, Tamén puideron ver múltiples plantas e flores, e Anxo decidiu comezar unha colección de follas. 

De feito trouxo unha ao cole, unha folla cunha forma moi peculiar: recordábanos á lúa, a un fouciño de cortar a herba... tratábase dunha folla de EUCALIPTO.

Aproveitamos para falar e aprender un pouquiño máis sobre esta árbore. Buscamos imaxes da árbore en internet e despois no mapa situamos Australia, lugar de procedencia desta árbore. Tamén o relacionamos cos koalas, animais australianos que comen follas de eucalipto. Ademais falamos dalgunha das propiedades destas follas, coma que axudan a desconxestionarnos cando estamos atascados do nariz, ou resfriados e que existen os caramelos de eucalipto.



A nai de Anxo prestoulle unha caixiña que tiña de cando era pequena, con SACAPENAS: os auténticos e orixinais. Aos nen@s resultoulles curioso o tamaño tan pequerrecho dos bonecos. 

Moitas grazas Anxo por compartir con nos as túas experiencias coa mochila viaxeira.




Esta semana a mochila marcha para a casa de CLAUDIA.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.