venres, 1 de abril de 2016

+ RECUNCHO CULLARAPOS

Seguimos recibindo cousas para ampliar o noso RECUCNHO INFORMATIVO dos CULLARAPOS:

* RAÚL e MARTÍN trouxeron unhas RAS de xoguete. Observamos detidamente as dúas e comparámolas: a de Raúl era totalmente realista, de cor marrón, e pola postura das ancas e a lingua fora, simulaba estar saltando na caza dun insecto; pola contra a de Martín era máis pequechiña de cor laranxa e estaba sentada, coma se estivese descansando nun nenúfar.

* IAGO trouxo un pequeno bote que no seu interior albergaba un montón de ras saltarinas, que preméndo co dedo un resorte que ten na parte traseira, saltan. 
Intentamos tod@s facelas saltar, que divertido!


Moitas grazas por todo o que traedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.