xoves, 14 de abril de 2016

PLANTAMOS FRAMBOESAS!

Finalmente hoxe tivemos sorte e o tempo deunos esa tregua que precisábamos para saír ó HORTO a plantar as FRAMBOESAS que onte trouxo IAGO.


Antes de saír pensamos: que utensilios precisamos? e que temos que facer?

* Primeiro hai que facer un burato co sacho.

* Colocar a planta de framboesa no burato.

* Botar terra no burato para tapalo.

* "Pisar" a terra para prensala.




Recordamos que para medrar as plantas precisan, luz do sol, alimento que collen da terra e auga. Pero hoxe non tivemos que regalas, xa que a terra estaba mollada da choiba destes días. 

Agora a deixar que pase o tempo e que medren e nazan as framboesas para poder probalas...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.