luns, 11 de abril de 2016

TROCO DE LIBROS

ABRIL é un mes significativo xa que o 23 celébrase o DÍA DO LIBRO, pero en lugar de conmemorar un só día, decidimos facer que todo o mes xire en torno a esta temática.

Para iso propuxemos varias actividades:
* CONTACONTOS FAMILIARES
* TROCO DE LIBROS

Cos CONTACONTOS FAMILIARES quixemos facer que as familias acudan á aula a contarlles un conto aos pequech@s. Propuxemos a posibilidade de que o contasen en linguas diferentes das oficiais e que empregasen o formato que lles apetecese: lido, contado, con títeres, marionetas, apoio de imaxes...

O TROCO DE LIBROS é unha actividade que puxemos en marcha a semana pasada, e que se culminará o propio día do libro. Trátase de que os pequech@s traian un LIBRO á aula para trocalo por outro dos que trouxo algún compañeir@. Para iso temos unha caixa a que terán acceso dende o recuncho da biblioteca para miralos, lelos, contalos... E ademais todos os días contarmos algún destes contos para que despois cada un vaia pensando cal lle gusta máis para realizar o troco.


Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.