sábado, 9 de abril de 2016

CULLARAPOS

Dende que temos os CULLARAPOS na nosa aula, é inevitable que todos os pequech@s se acheguen para observar o máis preto posible como se vai producindo a METAMORFOSE. Ainda que esta semana non se produciron moitos cambios.


O venres puidemos ver como a algún dos cullarapos pola parte de abaixo, xusto na zona na que comeza a cola, empézanlle a sair uns bultiños (que posteriormente se irán transformando nas patas traseiras).



Tamén aproveitamos para visitar aos cullarapos da fonte. A primeira hora, non puidemos ver ningún, pensamos que era porque aínda non quentaba moito o sol. Por iso voltamos despois do recreo e si que puidemos ver varios, agochados entre as plantas.





A ver se temos sorte e despois da fin de semana podemos observar algún cambio máis. 

Pero non todo vi ser observar. Para este proxecto, en lugar de facer actividades impresas individuais estamos realizando un DIARIO DE REXISTRO DOS CULLARAPOS, na que todos os alumn@s participan facendo diferentes anotacións do que imos observando e realizando. Cando rematemos o proxecto, colocarémolo nun lugar visible para que todas as familias poidades botarlle unha ollada.

Dentro deste diario, cada pequech@ debuxou un cullarapo:



Estes son OS CULLARAPOS DE "A AULA DE BERE":

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.