venres, 31 de marzo de 2017

A LAMPREA DE PONTECESURES!

Este DOMINGO 2 de ABRIL celébrase na vila de PONTECESURES a XXII Festa da LAMPREA.

Por este motivo tod@s @s alumn@s do CPI de Pontecesures baixamos ata a CASA DA LAMPREA, situada a carón da Praza de Abastos, para poder ver este animal en vivo e en directo, e escoitar ao director dos Valeiros (pescadores de Lampreas).


A captura da lamprea do Ulla é unha insignia da vila, de aí a necesidade de que @s pequech@s coñezan este animal e este proceso, ca que é o sustento de moitas familias da vila, é unha fonte de ingresos e  constitúe un atractivo turístico importante, sobretodo nestas datas.

Durante a semana, estivemos traballando esta saída, e falando un pouco sobre este peculiar peixe. Como fío conturtor, para preparar a saída de hoxe, empregamos un video, que nos facilitou o concello, no que saen os valeiros de Pontecesures, falando sobre a lamprea e a súa captura. 


* Tamén se lle coñece como "chupona" ou "peixe vampiro".
* É un peixe ágnato (sen mandíbula). Caracterízase pola súa boca en forma de ventosa.
* Considérse peixe azul (de alto contido graxo). 


* Ten forma alongada, serpentiforme e cilíndrica.
* Para respirar ten 7 orificios branquiais a ambos lados.
* Ten a pel moi viscosa, sen escamas.
* Non ten espiñas, o seu esqueleto é cartilaxinoso.
* É un parásito doutros peixes (pégase a eles é chúpalles o sangue).
* Nace nos ríos, medra no mar e regresa ao río para reproducirse (neste momento captúrase).


Saímos do cole, divididos en grupos. A primeira parada foi a PRAZA DE ABASTOS, onde o Alcalde, xunto coa señora Carmen, (peixeira e cociñeira de lampreas), ensináronnos unha lamprea do pequeno viveiro da praza; explicaron como é este animal e @s alumn@s puideron tocala.






Despois, diante da CASA DA LAMPREA, o director dos VALEIROS, contounos curiosidades sobre a lamprea, ensinounos unha nasa butrón e explicounos como é o proceso de captura e respondeu ás nosas dúbidas.






Cando regresamos ao cole, realizamos unha asamblea, para falar conxuntamente da saída e repasar todo o que aprendemos. 

Despois debuxaron a lamprea. Así de ben quedaron!





Un día moi ameno e productivo! Pois non se nos pode olvidar que o entorno próximo, e o que acontece nel, debe ser a principal fonte de coñecemento.

Anímovos á asistir á festa da lamprea, este domingo, e degustar este manxar.












xoves, 30 de marzo de 2017

PRIMAVERA



Coa chegada da nova estación, quixemos "poñer a tono" a porta da nosa aula, que sempre está decorada. Dixémoslle adeus ao invernal Olaf, para darlle paso á unha decoración primaveral.



Cando realizamos "a árbore da amizade", @s pequen@s decatáronse de que todavía nos quedaban moitos rolos de carton dos que HIWOT nos foi traendo ao longo do curso, así que pensei en algo para reutilizalos... 

O máis chamativo e fermoso da PRIMAVERA é a floración das árbores, de xeito que unha árbore con flores sería perfecta!

A estructura da árbore, tronco e polas, sería de rolos de carton pintados de marrón.





As flores, realizámolas con papel de seda.



O resultado é este!



mércores, 29 de marzo de 2017

PREPARANDO O NOSO HORTO!

Para o tercerio trimestre, realizaremos un proxecto sobre as plantas, e o núcleo central vai a ser O NOSO HORTO!

Hoxe comezamos a preparar a zona na que se vai a ubicar: 
* Sachamos a terra.
* Rastrillámola.
* Retiramos as malas herbas...


Este espazo, que hoxe comezamos a preparar, empregarémolo como "zona de coñecemento", o alumnado de 1º e de 2º de Primaria, e por suposto, calquera curso que se anime!

FROITA!

Despois de traballar dureante todo o trimestre coa PIRÁMIDE ALIMENTICIA, e de adicarlle diurante todas as merendas unha atención especial á froita coa nosa proposta de COME SAN!, @s alumn@s concienciáronse da importancia dunha alimentación equilibrada onte, realizamos un BUFET DE FROITA improvisado...


SAN E SABOROSA!

CONTAMOS OS NOSOS CONTOS

Durante o curso, @s pequech@s traen CONTOS das súas casas, para compartir co resto dos seus compañeir@s, e aproveitan para convertirse en CONTACONTOS. Despois, deixan os libros na aula, para que tod@s poidan gozar léndoos na hora diaria de lectura. 



* Algún tamén se anima coas súas propias producións, coma ZOE, que hoxe nos sorprendeu cun fermoso conto, escrito e debuxado por ela. Será o comezo dunha prometedora carreira coma escritora?

Moitas grazas a tod@s!

luns, 27 de marzo de 2017

44000 VISITAS


Superamos as...

44000 
VISITAS!

Moitísimas grazas a tod@s, por seguir diariamente a evolución de "A AULA DE BERE" que está pensada para unir a escola coa familia. 

A polas 45000!

domingo, 26 de marzo de 2017

ARTISTAS EN VIVO

De todas as ÁRBORES DO NOSO PATIO, tan so nos quedaba unha por debuxar, o PRUNO, e estivemos agardando a que chegase a primavera, para poder capatalo en todo o seu esplandor; con esas flores e esas follas tan características. 





MOCHILA VIAXEIRA

PAULA foi a última en gozar da MOCHILA VIAXEIRA na súa primeira ronda de viaxes polas casas d@s alumn@s. 

O venres contounos cal foi a súa experiencia persoal, destacando o seu libro favorito "El cumpleaños del rey Pericón" do que realizou un fermoso debuxo, no que aparecía o monarca rodeado de agasallos.


Baleiramos o contido da mochila, e enchémola con libros novos, para que comeza a segunda ronda de viaxe polas casas d@s pequech@s; comezando pola de ROI.


xoves, 23 de marzo de 2017

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe celebramos o...

DÍA DA ÁRBORE

Como o luns xa realizamos unha actividade colectiva na que unimos AVES + ÁRBORES + POESÍA, hoxe decidimos realizar unhas actividades conmemorativas dentro da nosa aula.

Traballamos a importancia que teñen as árbores na natureza e os graves problemas de deforestación que está sufrindo o noso planeta. 

* O venres pasado, durante a nosa visita pola vila, paramos diante do MERCADO, onde, había unha árbore, da familia das leguminosas, que no chan tiña vaíñas cheas de sementes. Recolectamos un par delas, precisamente pensando no día de hoxe. 



Debullamos as vaíñas para sacar as sementes, e plántamolas.



* Na nosa aula, a educación en valores e a as emocións, ocupan un lugar destacado, de xeito, que aproveitamos o día de hoxe para realizar unha manualidade co nome de "A ÁRBORE DA AMIZADE"

O tronco era un rolo de cartón forrado de marrón, no que @s nen@s realizaron 12 buratos, para posteriormente colocar 12 ramas con limpiapipas de cores. En cada rama colocaron unha folla que fixeron con gomaeva na cal escribiron o nome d@s compañeir@s.





SARABIA EN PONTECESURES

Aínda que pareza mentira, sobretodo despois do tempo da semana pasada, hoxe, en Pontecesures...

CAEU UNHA SARABIADA!

Durante uns minutos caeu una sarabeada intensa que cubriu de o chan de branco.


Cando escoitamos o ruído e ollamos pola fiestra, saímos ao patio cucerto de E.I. para poder observar a SARABIA en primeiro plano.


Falamos un pouco sobre esta froma peculiar de precipitación, que é unha chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes.

Comprobamos o fríos que estaban os grans de sarabia, e o rápido que se derretían ao entrar en contacto coas nosas mans. 


mércores, 22 de marzo de 2017

+ GLORIA FUERTES

Continuamos traballando con GLORIA FUERTES...

Ademáis da parte poética, tamén estamos aproveitando para traballar a parte plástica desta escritora: ilustrando os seus poemas, realizando unha montaxe tipo Andy Warhol coa súa caricaruta, e, hoxe, cada pequech@ realizou a caricatura de Gloria. 



Os resultados foron sorprendentes!









BRAIS trouxo un fermoso libro de esta autora "GLORIERÍAS Y POESÍAS DE ANIMALES", que quedará uns días con nós na aula, para poder lelo e traballar con el. 




Gloria Fuertes, estivo presente na literatura infantil, dende hai anos, quizais, se rebuscades no "baúl dos recordos", atopedes algún libro dela... Se é así, podédesllo prestar @s pequech@s para que o traian á nosa aula e poder gozar xuntos del. 

Grazas de antemán!

martes, 21 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA

Hoxe é 21 de MARZO, DÍA DA POESÍA, e dende hai varias semanas comezamos a traballar cos poemas de GLORIA FUERTES, xa que este ano conmemórase o 100º ANIVERSARIO do seu nacemento.





Gloria Fuertes foi unha poeta destacada na literatura infantil deste país, por algo era coñecida como "A POETA DOS NEN@S".






















Hoxe realizamos varias actividades destacadas para conmemorar este día:

* Por equipos, déronlle cor a unha caricatura de Gloria, seguindo o estilo de Andy Warhol.




* Lemos varias poesías e cada nen@ elexiu a súa preferida, para escribila e ilustrala.





* Con todo o material que fomos elaborando e recopilando, realizamos unha exposición fóra da aula.



Agora, temos a dúas mulleres destacadas, unha no noso idioma, o galego, e outra no idioma do noso país, o castelán, unidas no noso recuncho POÉTICO, e as dúas conmemorando aniversario.


FELIZ DÍA DA POESÍA!