venres, 17 de marzo de 2017

DE EXCURSIÓN POLA VILA

Hoxe, @s pequech@s chegaron aocole super emocionados e nerviosos, pola excursión que tiñamos que realizar a PONTEVEDRA, para gozar dunha actuación musical... Pero cal era a nosa sorpresa, uns minutos antes de saír? Pois que recibíamos unha chamada que nos daba a mala noticia: "suspéndiase a actuación por pobremas de saúde da cantante do grupo".


A noticia sentou coma unha xerra de auga fría entre @s alumn@s, que entristecidos entraban nas aulas co son do timbre, en lugar de facelo no autobús. As caras longos e algún que outro ollo bañado en lágrimas fíxonos reaccionar...

NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA!

E xa que a excursión a Pontevedra se vía truncada, decidimos realizar unha saída "improvisada" pola nosa vila, PONTECESURES!

O entorno próximo é a principal fonte de coñecemento para @s pequech@s, de cxeito que decidimos expremer isto ao máximo. 

* Camiñamos, fixándonos no percorrido: ruta seguida, nome das rúas... para posteriormente, na aula, traballalo no mapa.

* Fomos fixándonos nos edificios máis importantes e lugares destacados da vila: mercado, estación do tren, a praza da igrexa, correos, o parque infantil, o río Ulla, o club naútico...

* O mercado é un dos puntos neuráxicos dunha vila, así que, entramos para poder observar de preto cada posto e poder analizalo: xente que traballa nel, productos que venden...

* A oficina de correos foi outra das nosas paradas, xa que  ao atoparse no noso itinerario, decidimos entrar, para aprender un pouquiño sobre o seu funcionamento.

* Repuxemos forzas tomanto un piscolabis na "plazuela" (coñecida así por todos os peques).

* E despois de tanto camiñar e aprender, tamén tocaba un tempo de lecer. Xogamos e divertímonos no parque Vicente Moure. 

De volta ao cole, despois dunha mañá cargada de emocións e aprendizaxes,  e sobretodo cun moi bo sabor de boca. Soubemos darlle a volta á mañá, e decatáronse, que efectivamente, que buscándolle o lado positivo ás cousas...

TODO PODE TER REMEDIO!



* Hai unha gran selección de fotos de toda a saída, e en lugar de facer collages como habitualmente, estou realizando unha montaxe, para a cal preciso algo máis de tempo, e subirei o máis rápido posible. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.