venres, 31 de marzo de 2017

A LAMPREA DE PONTECESURES!

Este DOMINGO 2 de ABRIL celébrase na vila de PONTECESURES a XXII Festa da LAMPREA.

Por este motivo tod@s @s alumn@s do CPI de Pontecesures baixamos ata a CASA DA LAMPREA, situada a carón da Praza de Abastos, para poder ver este animal en vivo e en directo, e escoitar ao director dos Valeiros (pescadores de Lampreas).


A captura da lamprea do Ulla é unha insignia da vila, de aí a necesidade de que @s pequech@s coñezan este animal e este proceso, ca que é o sustento de moitas familias da vila, é unha fonte de ingresos e  constitúe un atractivo turístico importante, sobretodo nestas datas.

Durante a semana, estivemos traballando esta saída, e falando un pouco sobre este peculiar peixe. Como fío conturtor, para preparar a saída de hoxe, empregamos un video, que nos facilitou o concello, no que saen os valeiros de Pontecesures, falando sobre a lamprea e a súa captura. 


* Tamén se lle coñece como "chupona" ou "peixe vampiro".
* É un peixe ágnato (sen mandíbula). Caracterízase pola súa boca en forma de ventosa.
* Considérse peixe azul (de alto contido graxo). 


* Ten forma alongada, serpentiforme e cilíndrica.
* Para respirar ten 7 orificios branquiais a ambos lados.
* Ten a pel moi viscosa, sen escamas.
* Non ten espiñas, o seu esqueleto é cartilaxinoso.
* É un parásito doutros peixes (pégase a eles é chúpalles o sangue).
* Nace nos ríos, medra no mar e regresa ao río para reproducirse (neste momento captúrase).


Saímos do cole, divididos en grupos. A primeira parada foi a PRAZA DE ABASTOS, onde o Alcalde, xunto coa señora Carmen, (peixeira e cociñeira de lampreas), ensináronnos unha lamprea do pequeno viveiro da praza; explicaron como é este animal e @s alumn@s puideron tocala.






Despois, diante da CASA DA LAMPREA, o director dos VALEIROS, contounos curiosidades sobre a lamprea, ensinounos unha nasa butrón e explicounos como é o proceso de captura e respondeu ás nosas dúbidas.






Cando regresamos ao cole, realizamos unha asamblea, para falar conxuntamente da saída e repasar todo o que aprendemos. 

Despois debuxaron a lamprea. Así de ben quedaron!





Un día moi ameno e productivo! Pois non se nos pode olvidar que o entorno próximo, e o que acontece nel, debe ser a principal fonte de coñecemento.

Anímovos á asistir á festa da lamprea, este domingo, e degustar este manxar.












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.