Ainda que non o pareza, polo tempo que estamos a ter, aínda seguimos no INVERNO. a estación na que menos cambios deberían sufrir as árbores, pero este curso, non está a ser así, pois a un outono seco e caluroso estou seguindo un inverno que non está sendo nin moi frio nin moi chuvioso, por isto, AS ÁRBORES DO NOSO PATIO, están a sufrir cambios por adiantado, máis propios da estación próxima, PRIMAVERA.
Realizamos un ROTEIRO polo patio para irnos fixando nos brotes que cada unha presentaba, follas, flores...
* As follas pequeniñas e verdes da MOREIRA.
* As folliñas alongadas e pequerrechas do SALGUEIRO CHORÓN.
* As flores rosas dos PRUNOS.
* Os gromos do CARBALLO.
* As espectacular e peculiar floración do ARCE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.