O pasado día 8 de Marzo, como ben sabedes, conmemoramos o DÍA DA MULLER, e realizamos multitude de actividades para reivindicar a importancia do seu papel na sociedade e tamén a necesidade de seguir loitando pola igualdade.
@s alumn@s de 6º de E.P. viñeron pola aulas de todo o centro para realizar unha breve interpretación dun tecto readactado por eles, no que unha psicologa escoita a un home, pai de familia, falarlle sobre o cansancio que lle produce traballar fóra da casa, e que é a súa muller a que se encarga de todo o traballo da casa.
O que pretendían facer ver, e reivindicar, o papel das AMAS DE CASA. Que SI desempeñan un TRABALLO, e ademais, fundamental e moi digno.
Encántanos recibir na nosa aula a compañeir@s de diversos niveis.
Moitas grazas ao alumnado de 6º!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.