luns, 20 de marzo de 2017

AVES + ÁRBORES + POESÍA

Hoxe pola mañán deu comezo a PRIMAVERA. Despedimos o inverno cunha semana con temperaturas primaverais e damos comezo á nova estación cun tempo que ven parece da anterior... o mundo ao revés! 

Pero ademaís esta semana coinciden 2 conmemoracións salientables:

* 21 de Marzo: DÍA DA POESÍA
* 23 de Marzo: DÍA DA ÁRBORE


Na Aula de Bere a POESÍA está presente amiudo (hai poucos días traballamos cos fermosos poemas de Rosalía de Castro). Dende o comezo de curso, estamos a realizar un proxecto sobre AS ÁRBORES DO NOSO PATIO; e este trimestre embarcámonos nun proxecto sobre as AVES

Deste xeito, temos 3 ingredientes, que xuntos, fan a unión perfecta para aboradar estas conmemoracións de maneira conxunta:



O primeiro que fixemos, foi averuguar, cales eran, algunhas, das aves máis comúns, aqui en Galicia: bubela, peto, pardal, xirín, merlo, cuco, pega, lavandeira, paporubio, anduriña...

Buscamnos imaxes e información sobre elas. Tamén intentamos buscar poemas nas que estas aves foran as protagonistas.











Cada alumn@ preparou unha ave, deulle cor e escribiu a poesía. Plastificámolas e pereparámoals para penduralas nás árbores do noso patio. 



Como esta actividade a realizamos 4 grupos ( e de E.P.), escollemos as 4 moreiras do patio de E.I., que ademáis están situadas no corredor principal do centro, lugar de entrada e saída, de modo que tod@s os compañeiros e familias poderán velos.









* Mentres colgábamos as aves nas moreiras, @s pequech@s ambientaban con fermosos cantos, que facian cos asubíos de paxariño


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.