Hoxe un grupo de monitoras acudiron ao noso cole, para realizar un pequeno taller co alumnado.
Os RETAIS DE TEAS que lles pedimos @s pequech@s, eran precisamente para realizar este taller, con motivo da celebración do DÍA DA MULLER, que terá lugar mañán, 8 de MARZO.
* En moitos paises o 8 de MARZO está marcado pola celebracíon do dóa da muller, instaurado pola ONU no 1975. Na súa orixe pretendía reclamar a igualdade da muller traballadora no contexto da revolución industrial, actualmente, vai máis alá, e quere reivindicarse o papel da muller na sociedade. E hoxe en día, neste día búscase a IGUALDADE DE DEREITOS para todas as persoas, sexan do sexo que sexan.
A orixe do 8 de marzo, remóntase a 1857, cano en plena revolución industrial, varias mulleres sairon a protestar polas rúas de Nova Iork condenando as míseras condicións laborais nas que traballaban no sector textil.
O morado é a cor representativa desta loita.
Cada nen@ trouxo un retal de tea. Contounos a historia que había detrás dela: de onde viña, quen lle dera...
Antes de que chegasen as monitoras, observamos cada tea, e comparámolas entre elas empregando dous sentidos primordiais: vista e tacto. Así falamos do tamaño, da cor, do estampado, da textura...
Cando chegou a monitora, cada nen@ aportou un anaquiño da súa tea, para conxuntamente facer un tapiz. Algúns trouxeron varias, e elexiron a que máis lle gustaba dando os seus argumentos.
Cada anaco individual simboliza a individualiade, as características e peculiaridades dun mesmo, e o tapiz, simboliza a pluralidade, o común.
O tapiz está formado por diferentes, cores, tamaños, texturas... pero todos xuntos forman UN!
Pois pretendemos traballar que as mulleres teñen os mesmos dereitos que os homes, que cada individuo pode realizar calquera cousa sen estar condicionado polo seu sexo.
Unha vez rematado o taller, realizamos unhas reflexións grupais, para analizar a importancia deste tema, máis aló do día da muller, senon todos os días do ano. Igualdade sempre!
A partir de agora, nós traballeromos cun lema...
TOD@S IGUAIS...
TOD@S DIFERENTES...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.