Gústanos moito deixar voar a nosa imaxinación, e fácemolo amiudo, sobretodo oralmente. Pero estos días quixemos facelo tmén a nivel escrito.
Comezamos traballando un pouco a redacción, baixo o título: "A MIÑA COR FAVORITA".
Onte cada alumn@, pensou na súa cor favorita, explicoulle ao resto de compañeiros porque lle gusta e despois buscou cousas que son de esa cor. Despois plásmarono!
Hoxe, fixemos escritura creativa colectiva, seguindo coas cores como fío conductor e baixo o título: "CORES DISPARATADAS". Pensamos nunha paisaxe e buscamos como facela "disparatada" cambiándolle as cores...
Este foi o resultado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.