domingo, 12 de marzo de 2017

ROSALÍA DE CASTRO


O pasado 24 de FEBREIRO, conmemorouse o 180 ANIVERSARIO do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO

A nosa poetisa por excelencia. A muller que representa a nosa lingua e a nosa fala polo mundo enteiro.

O día do seu aniversario coincidiu coa celebración de Entroido no noso cole, de xeito, que non puidemos homenaxeala como  é debido. Por ese motivo, levamos dende entón traballando e preparando cousas para honrala (e seguiremos).

Para a Aula de Bere, Rosalía de Castro, xa é unha habitual, dende Educación Infantil. De xeito, que comezamos rememorando a nosa visita á súa casa en Padrón, e un vídeo que realizamos cun dos seus poemas máis representativos... lembrades? Que pequerrechos!






Traballamos un pouco da súa biografía e bibliografía. E leveilles unha xoia que teño e gardo coma un tesouro, un libro que me chegou en herencia e contén as OBRAS COMPLETAS de Rosalía.




No concello de Ames, levaron a cabo unha iniciativa moi fermosa: CAFÉ CONVERSO, e nas cafeterías do concello, con cada consumición, entregaban unha tarxeta que contiña un verso de Rosalía. 

O libro e as tarxetas, ocupan un lugar privilexiado, e encheron a nosa hora de lectura durante todos estos días. 


Chegou ás nosas mans un libro maravilloso: "ROSALÍA PEQUENIÑA" 
(Uxía - Sonárbore - Editorial Galaxia)


Empapámonos da súa música, da súa esencia, dos seus verbos e palabras... que gardan a esencia de Rosalía. Por iso decidimos homenaxeala ilustrando a cantiga que da nome a este libro:


"ROSALÍA PEQUENIÑA"




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.