Despois deste descanso de Entroido, hoxe tocou voltar ao "traballo".
O primeiro que fixemos, despois de saudarnos, foi selecionar o encargado do día para realizar as rutinas, entre elas o calendario, que tivemos que "recolocar" posto que durante o noso descanso, finalizou o mes de Febreiro e deu comezo o de MARZO. Sorprendeunos, que curiosamente, ambos meses comezaron un mércores.
Recordamos a peculiaridade do mes de febreiro, que é o máis "pequecho" de todos, e ocupa o segundo lugar dando paso a Marzo, que é o terceiro. Empregamos a técnica dos cotobelos (nudillos) para saber o número de días que ten cada mes: 30 ou 31.
Tamén observamos no noso "mural" dos meses, que marzo era verde igual que abril e maio, a diferencia de decembro xaneiro e febreiro que son azuis. Isto ten que ver coas ESTACIÓNS, xa que a cor indica a estación á que pertence cada mes. Que marzo cambie de cor, indica que neste mes a estación tamén cambia, deixando o inverno atrás para dar a benvida á PRIMAVERA.
Aproveitamos para falar un pouco das peculiaridades e das diferencias que existen entre ambas estacións.
Ao rematar. realizamos unha ASAMBLEA, na que cada pequech@ falou sobre como o pasou e que actividades realizou durante o Entroido: disfraces, desfiles, cocido, filloas, orellas... e moita diversión!
OMAR, trouxo unha carauta dun tigre que realizou con axuda da súa nai, na asamblea esqueceúsenos ensinala, pero antes de marchar explicounos os pasos que seguiu para elaborala.
Unha boa maneira de compartir e pasar tempo en familia son as manualidades. Felicitacións polo gran resultado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.