luns, 13 de marzo de 2017

PIRÁMIDE ALIMENTICIA

Hoxe rematamos os dous últimos escalóns da nosa PIRÁMIDE.

Xusto por riba das froitas e verdeuras, sitúanse:

* LÁCTEOS, CARNE, PEIXE e OVOS: estes alimentos aportan calcio e proteínas, precisas para que os nosos osos medren sans e fortes. Debemos consumilos entre 2 e 3 veces á semana.


Na punta da pirámide están:

* DOCES e GRAXAShai graxas boas que nos aportan enerxía, como as que se atopan no aceite de oliva, no peixe... pero as graxas malas e os doces, deben ser consumidos ocasionalmente, pois non aportan nada “positivo” ao noso corpo. Por iso so debemos consumilos ocasionalmente, e sempre sen abusar!



Con este apartado do noso proxecto COME SAN!, aprendemos moitas cousas sobre as características dos alimentos, o que cada tipo de alimento lle aporta ao noso organismo, a orixe dos mesmos, a importancia dunhba dieta equilibrida e dunha vida saudable, as pautas para acadala...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.