Hoxe celebramos o...
DÍA DA ÁRBORE
Como o luns xa realizamos unha actividade colectiva na que unimos AVES + ÁRBORES + POESÍA, hoxe decidimos realizar unhas actividades conmemorativas dentro da nosa aula.
Traballamos a importancia que teñen as árbores na natureza e os graves problemas de deforestación que está sufrindo o noso planeta.
* O venres pasado, durante a nosa visita pola vila, paramos diante do MERCADO, onde, había unha árbore, da familia das leguminosas, que no chan tiña vaíñas cheas de sementes. Recolectamos un par delas, precisamente pensando no día de hoxe.
Debullamos as vaíñas para sacar as sementes, e plántamolas.
* Na nosa aula, a educación en valores e a as emocións, ocupan un lugar destacado, de xeito, que aproveitamos o día de hoxe para realizar unha manualidade co nome de "A ÁRBORE DA AMIZADE".
O tronco era un rolo de cartón forrado de marrón, no que @s nen@s realizaron 12 buratos, para posteriormente colocar 12 ramas con limpiapipas de cores. En cada rama colocaron unha folla que fixeron con gomaeva na cal escribiron o nome d@s compañeir@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.