O DÍA DA PAZ celébrase o 30 DE XANEIRO pero como cadra a sábado, todos os alumnos do CEIP das FONTIÑAS fixemos unha pequena conmemoración simbólica.
Durante esta semana estivemos traballando este tema na aula, falando sobre a PAZ e o que significaba esta palabra para eles:
* Ser todos amigos.
* Non portarse mal.
* Estar contentos.
* Dar bicos e apertas.
* Estar tranquilos.
* Non xogar a matar.
* Non molestar.
* Non pelexar.
* Facer caricias.
* Non facer o mono.
* Non romper as cousas.
* Non tirar as pás aos nen@s.
* Non contar mentiras.
* Non rabuñar.
* Non pegar.
* Non morder.
* Non beliscar.
* Non pegar coa pelota na cara.
* Non portarse "requete-muy-mal".
* Non empurrar.
* Non sacar a lingua fora.
* Non ecupir.
* Non botarlle area aos compañeiros.
* Non facer burla.
* Non dar puñetazos.
Como vedes as súas respostas céntranse na súa experiencia diaria e no seu entorno próximo. De xeito que tamén intentamos ampliar esa definición para que enendesen o que significaba buscar a PAZ no noso planeta, a Terra, e en todo o espazo (relacionándoo así co proxecto que estamos levando a cabo).
* RESPETO polas diferenzas: de raza, de crenzas, de ideoloxías... IGUALDADE, TOLERANCIA!
*Rexeitar a VIOLENCIA como forma de impoñerse sobre as demais persoas. NON ás ARMAS, NON á GUERRA!
Tendo en conta todo o anterior, e seguindo a liña de traballo do noso proxecto, decidimos elaborar unha "ferramenta" para enviar ao espazo e mostrarlles que no noso planeta queremos a PAZ.
Despois de moito pensar, reflexionar, debatir, e barallar diversas opcións, chegamos a consenso e decidimos construir un satélite:
O SATÉLITE DA PAZ
Nós xa sábiamos que a Terra ten un satélite natural, que é a lúa, pero nas misións espaciais póñense satélites artificiais en órbita ao redor do planeta, como foi o Sputnik 1 (primeiro satélite artificial), o coñecido satélite Meteosat (que nos axuda a realizar as prediccións meteorolóxicas), os satélites de comunicación, de navegación, de energía solar...
Buscamos imaxes na rede de diferentes satélites, e falamos das partes principais que os compoñen.
Nestas imaxes podedes observar como foi o proceso de elaboración do SATÉLITE DA PAZ:
Este é o resultado final:
Hoxe, no patio cuberto, xuntámonos todos os alumn@s de educación infantil (por niveis) para realizar o acto simbólico do día da Paz. Aquí estamos os de 4 anos:
No centro do patio esperaba o noso "COHETE DA PAZ" que durante esta semana elaboraron e pintaron todos os alumnos de educación infantil nun taller especial que realizou con eles a mestra Rocío.
Nese foguete deixamos o que cada clase elaborou para mandar a Paz ao espazo. Neste caso os alumnos de 4 anos B realizaron unha cámara de fotos cunha impresora, e nós, 4 anos A, enviamos o noso satélite.
Despois subímos ao edificio de primaria, para formar a palabra PAZ e o seu símbolo. Todos o alumnado e profesorado participamos, aquí está a mostra cunha fotografía a vista de páxaro.