luns, 31 de outubro de 2016

+ SAMAÍN

Deíxovos algunhas cousiñas que quedaron no tinteiro sobre o SAMAÍN:

* EXPOSICIÓN DE CABAZAS - SAMAÍN 16



Aquí están Brais, Hiwot e Damián coas súas cabazas para a exposición. 



* ÁRBORE TERRORÍFICA

Omar trouxo unha "árbore terrorífica" que fixo empregando unha pola seca de carballo que colleu coa súa nai, e logo decorou con: morcegos, esqueletos, arañas...



* DECORACIÓN SAMAÍN 16

Durante a semana pasada puidéchedes ver a decoración do Samaín, aquí vos deixo algunha máis.



* PHOTOCALL SAMAÍN




38000 VISITAS

Co SAMAÍN superamos as 38000 VISITAS!


Como sempre, agradézovos que visitedes este blog periódicamente. Seguirei traballando para vós! 

Moitas grazas!

venres, 28 de outubro de 2016

IV CONCURSO RELATOS E VIDEOS TERROR

No día de hoxe tamén asistimos á entrega de premios do IV CONCURSO DE RELATOS E VIDEOS DE TERROR no que participamos co noso corto "MEDO NA ESCOLA".



Os presentadores eran @s alumn@s da ESO, que presentaron o certame caracterizados de esqueletos de personaxes galegos de peso: Castelao, A Bela Otero, Rosalía... 



Durante o certame, premiaron ós gañadores de cada categoría.  (Ó chegar á clase, observamos o noso premio e abrimos o agasallo). 





Puidemos ver todos os videos que se presentaron ó concurso.




Ademais do noso video "Medo na escola", que resultou gañador na súa categoría, @s pequech@s puideron gozar coa sorpresa da gran estrea da nosa adaptación de "CORRE, CORRE CABACIÑA", que desatou moitas risas entre o público e un multitudinario aplauso ó seu remate... aínda que o mellor foi a gravación!



Desexo que vos guste tanto como a nós!




FESTA TERRORÍFICA

Hoxe continuamos coa fusión das celebracións do SAMAÍN*HALLOWEEN, e fixémolo disfrazándonos tod@s para realizar o "TRUCO OU TRATO" (Trick or treat). 




Preparamos uns doces para recibir a tod@s @s compañeir@s que viñeron a pedir "truco ou trato", pois chegamos a "trato" sempre e agasallámolos con chocolatinas, chupas, caramelos... 



De igual xeito, nós, percorremos os aterradores corredores do cole pedindo "trick or treat" e vendo coma o noso caldeiro cabaza se enchia de doces que posteriormente degustamos.









Tamén puidemos degustar unhas deliciosas galletas de Samaín, elaboradas pola nai de OMAR. Moitas grazas!



Foi un día aterradoramente diverdito... 

FELIZ SAMAÍN*HALLOWEEN!


xoves, 27 de outubro de 2016

SAMAÍN * HALLOWEEN

Ó longo desta semana estivemos aprendendo cousas sobre a orixe do Samaín, e aproveitamos para analizar as similitudes e diferenzas co Halloween, xa que este último, ten as súas orixes precisamente nas tradicións celtas que en séculos pasados os irlandeses levaron a América. 

Como este curso contamos con Kayla, a auxiliar de conversa que ven de California, e coa que @s nen@s interaccionan nas clases de plástica (sección bilingüe), valémonos dos seus coñecementos e vivenzas sobre esta celebración para organizar unha Festa SAMAÍN * HALLOWEEN. (Para poder realizar esta gran festa tamén contamos coa colaboración das "teachers" Ana e Silvia).

Comezamos o día con TALLER DE MAQUILLAXE, con figuras terrorífiacas: pantasmas, arañas, bruxas, cabazas, esqueletos...


 

Seguidamente realizamos un TALLER DE COMIDA TERRORÍFICA: na que elaboramos pantasmas de plátano, cabazas de mandarina e arañas de galleta e regaliz. 









O día rematou cunha YINCANA DE XOGOS relacionados con esta temática: 

* Adiviña que comida tocas - Food guessing game.


* Pescar a mazá - Apple bobbing.



* Carreira de momias - Mummies race.



* Ponlle a "verruga" á bruxa - Put the wart on the witch.



Hoxe pequen@s e maiores gozamos ó máximo con esta gran festa SAMAÍN * HALLOWEEN.

MAÑÁN... MÁIS!

* Lembrade que @s nen@s poden vir disfrados do que máis lle guste, xa que faremos o "TRUCO OU TRATO".  



mércores, 26 de outubro de 2016

DECORAMOS A NOSA CABAZA

Onte buscamos imaxes na rede para sacar ideas para decorar a nosa cabaza, e despois de falar e chegar a un consenso, puxémonos mans á obra:



* Primeiro baleiramos a cabaza.




* Como era tan grande, decidimos facer varias decoracións empregando diferentes técnicas:

- Puxemos a letras de Samaín con cravos e lá.



      - Pintamos a silueta dunha bruxa voando na súa vasoira.


   
 
- Realizamos varias fendeduras para que a luz da candea faca a nosa cabaza máis espeluznante.





- Cubrimos a cabaza con tea de araña e con arañas de mentira.







* Cando cortamos a cabaza, observamos no anaco as diferentes partes
          - Casca(parte que pelamos para poder cociñala, no caso de que sexa comestible)
          - Polpa (parte comestible)
     - Placenta (hebras fibrosas das que penden as sementes)
          - Semente (pipas)



ROI trouxo CABELO DE ANXO, que preparou coa súa nai e explicoulle @s seus compañeir@s o preceso de elaboración. Por casualidade, como xa falaramos sobre este tema con aterioridade, contábamos cunha cabaza das que se obtén o cabelo de anxo. Observámola, e comparámola con outras, por fóra e despois por dentro. Ó abrila, decatámonos o porque do nome de "cabelo de anxo", polas hebras que ten.



Finalmente, retiramos as pipas da placenta das dúas cabazas, para secalas, gardalas, e máis adiante facer sementeiros para poder plantalas no noso horto (que faremos para primavera).



Enlace de interese CABAZA

martes, 25 de outubro de 2016

AS CABAZAS DO SAMAÍN

Estos días preparamos un pequeno recuncho na aula no que incluimos información sobre o SAMAÍN e onde nos sentamos para falar sobre a orixe desta festa. Comentamos e analizamos as características máis salientables desta festividade e aproveitamos para buscar similitudes e diferenzas co Halloween



Deíxovos aquí unha breve explicación, para que coñezades un pouco máis sobre el:

A noite do Samaín, o actual 31 de outubro, era unha das datas máis importantes do calendario celta. Sinalaba a fin do verán e o nacemento do inverno.
Era a festa principal dos guerreiros que, reunidos na asamblea con todo o pobo, celebraban este feito cun gran banquete.
Crian que esa noite os espíritos dos mortos andaban ceibes pola terra e que podían levar as persoas ó Outromundo. Para librarse da súa influencia maléfica, ó chegar a noite, poñían arredor dos seus castros as caveiras dos guerreiros vencidos alumeados cunha candea. Pretendían así asustar as pantasmas errantes e afastadas das súas casas.
A costume actual, do tempo de outono, de tallar caveiras nas cascas dos melóns ou das cabazas, e poñelas á noite nos currunchos e nos camiños é a lembranza das antigas tradicións celtas.

Entendido aínda hoxe por aqueles países cun mesmo pasado celta, foi levado a América do Norte polos inmigrantes europeos e alí acabaría callando nas modernas celebracións do Halloween.

A festa cristiá de Santos e Defuntos, que se conmemora o 1 de novembro, tería tamén a súa orixe nas celebracións do tempo do Samaín.



Un dos elementos representativos do Samaín, hoxe en día, son as CABAZASNo corredor temos unha exposición, que cada día vai medrando. Saímos para observar detidamente cada cabaza e analizar que técnica empregaron para decorala: baleiralas, tallalas, pintalas, engadirlle accesorios...


@s nen@s colleron as súas cabazas e explicáronlle @s compañeir@s como a realizaron.



Despois buscamos información na rede sobre cabazas, para comprobar que non todas son redondas e laranxas, senón que hai cabazas de diversas formas e cores. 

Tamén buscamos ideas para decorar o "cabazón" que hoxe trouxo Nuria, unha mestra en prácticas, que está pasando este primeiro trimestre no cole, e veu a pasar unha temporada á nosa clase. 

Mañán veredes o resultado!