martes, 4 de outubro de 2016

"XOGOS RECICLADOS"

A quen non lle gusta aprender xogando, dunha forma lúdica e divertida, e se é na compaña d@s amig@s mellor que mellor. Pero se ademais o facemos con xogos feitos con material reciclado, xa se da a combinación perfecta.

Por iso para este curso decidín preparar xogos para os nosos recunchos das letras e dos números.


Polo de agora realicei varios xogos empregando TAPÓNS:
* Abecedario
* Formar palabras coas letras
* Formar palabras coas sílabas


Pretendo que traballen a lectoescritura xogando: de maneira grupal "exprimirán" as súas cabeciñas para intentar buscar e formar a maior cantidade de palabras correctas. Faremos concursos por equipos nos que teñan que formar palabras a contrareloxo, explicar o seu significado, empregalas en frases...




Nos vindeiros días ensinareivos algún xogo máis.

* FAMILIAS: se tedes TAPÓNS na casa, pídovos que os lavedes, os gardedes, e que @s nen@s os treian ó cole para facer máis xogos con eles. E se vos gustan as ideas, podedes elaborar os vosos propios xogos para pasar o tempo e divertirvos cos vos@s pequech@s. 

Grazas de antemán!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.