martes, 25 de outubro de 2016

AS CABAZAS DO SAMAÍN

Estos días preparamos un pequeno recuncho na aula no que incluimos información sobre o SAMAÍN e onde nos sentamos para falar sobre a orixe desta festa. Comentamos e analizamos as características máis salientables desta festividade e aproveitamos para buscar similitudes e diferenzas co Halloween



Deíxovos aquí unha breve explicación, para que coñezades un pouco máis sobre el:

A noite do Samaín, o actual 31 de outubro, era unha das datas máis importantes do calendario celta. Sinalaba a fin do verán e o nacemento do inverno.
Era a festa principal dos guerreiros que, reunidos na asamblea con todo o pobo, celebraban este feito cun gran banquete.
Crian que esa noite os espíritos dos mortos andaban ceibes pola terra e que podían levar as persoas ó Outromundo. Para librarse da súa influencia maléfica, ó chegar a noite, poñían arredor dos seus castros as caveiras dos guerreiros vencidos alumeados cunha candea. Pretendían así asustar as pantasmas errantes e afastadas das súas casas.
A costume actual, do tempo de outono, de tallar caveiras nas cascas dos melóns ou das cabazas, e poñelas á noite nos currunchos e nos camiños é a lembranza das antigas tradicións celtas.

Entendido aínda hoxe por aqueles países cun mesmo pasado celta, foi levado a América do Norte polos inmigrantes europeos e alí acabaría callando nas modernas celebracións do Halloween.

A festa cristiá de Santos e Defuntos, que se conmemora o 1 de novembro, tería tamén a súa orixe nas celebracións do tempo do Samaín.



Un dos elementos representativos do Samaín, hoxe en día, son as CABAZASNo corredor temos unha exposición, que cada día vai medrando. Saímos para observar detidamente cada cabaza e analizar que técnica empregaron para decorala: baleiralas, tallalas, pintalas, engadirlle accesorios...


@s nen@s colleron as súas cabazas e explicáronlle @s compañeir@s como a realizaron.



Despois buscamos información na rede sobre cabazas, para comprobar que non todas son redondas e laranxas, senón que hai cabazas de diversas formas e cores. 

Tamén buscamos ideas para decorar o "cabazón" que hoxe trouxo Nuria, unha mestra en prácticas, que está pasando este primeiro trimestre no cole, e veu a pasar unha temporada á nosa clase. 

Mañán veredes o resultado!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.