Despois de deixar atrás o "veroño" (un tempo máis típico da do verán que da de outono) hoxe a climatoloxía era a típica da estación na que nos atopamos, e aproveitamos para saír de roteiro polo patio para observar e fotografar "as árbores do noso patio" para comprobar que cambios experimentaron.
Percorremos o patio deténdonos en cada árbore e analizando a cantidade de follas na copa e no chan e a cor das follas (comparando sempre cos datos rexistrados no roteiro de verán).
A medida que realizábamos o roteiro, aproveitamos para repasar os contidos que aprendemos en relación ás partes dunha árbore e dunha folla.
Tivemos a sorte de atoparnos con cogomelos. Observámolos de preto, pero sen tocalos, pois coma hai algúns velenosos, a non ser que os coñezamos e estemos totalmente seguros, non os collemos.
SabÍan que os cogomelos son un ser vivo, pero pensaban que eran unha planta...así que falamos un pouco do reino dos fungos, analizamos as partes (nos vindeiros días afondaremos no tema, xa que os cogomelos tamén son representativos desta estación).
Encántanos saír de ROTEIRO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.