Onte adianteivos algún do material que estou a preparar con tapóns para que forme parte dos recunchos de aprendizaxe da aula (recuncho das letras e dos números).
Os do día anterior eran xogos de lectoescritura, hoxe rescatei un xogo de mesa ó que todos ó longo da nosa infancia, xogamos alunha vez... o 3 EN RAIA.
Presenteilles o taboleiro e as fichas, e expliqueilles o funcinamento do xogo. Aínda que a priori parece un xogo moi sinxelo, é preciso estar moi atento aos movementos do contrario, e aos propios, para intentar facer tres en raia, pero evitar que o faga o contrario.
Con este tipo de xogos, ademais de buscar o entretemento e a diversión, pretendo que @s pequen@s traballen a paciencia, a atención, a estratexia, e tamén o saber gañar e saber perder, que é tan importante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.