xoves, 6 de outubro de 2016

XOGAMOS A EXERCITAR A MEMORIA

Exercitar a memoria visual é moi importante á par que beneficioso, por iso, e seguindo coa dinámica de empregar material reciclado, hoxe realaizamos un XOGO DE MEMORIA.

Empregamos unhas tapas que trouxo ROI, para realizar un xogo de memoria con parellas. Na clase son 11 pequech@s, conmigo, 12, así que aproveitamos para traballar a lóxico matemática e calcular e repartir "unha parella" de tapóns para cada un, e calcular o número total de tapóns que precisávamos.

Para realizar un xogo interesante, as parellas fixémolas coas iniciais de cada un (sentirse protagonistas do xogo, e ter que atopar as parellas que representan @s seus compañeir@s, sempre é máis motivador).


Cada un escribiu as súas iniciais nos 2 gomets, que posteriormente pegaron nas tapas.




Unha vez que todas as tapas estiveron listas, colocámolas e... A XOGAR!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.