martes, 18 de outubro de 2016

LÓXICO-MATEMÁTICA CON TAPÓNS...

Este ano a reciclaxe a a reutilización de materiais de refugallo son aspectos cos que intentamos traballar e convivir diariamente. Puidéchedes comprobar en publicación antigas como realizábamos diversos xogos con tapóns para os recunchos de letras e números.


Ademais cada nen@ ten un bote con 10 tapóns que emprega para poder facer operacións e razoamentos matemáticos: conteo, agrupacións, descomposición de números, sumas, restas, plantaxamento de problemas sinxelos, iniciación á decena...


Cando aprendemos este tipo de conceptos mátemáticos, as veces algo "abstractos" e confusos para @s pequech@s, o feito de poder velo dun modo "físico" e manipulativo, fai a aprendizaxe máis sinxela, real, motivadora...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.