domingo, 9 de outubro de 2016

"ARTISTAS EN VIVO E EN DIRECTO"

Xa sabedes que durante este curso, amiudo, sairemos polo entorno para realizar o rexistro de diferentes árbores, plantas ou animais debuxándoos "en vivo e en directo".



En días anteriores fixemos o rexistro da moreira, e o venres realizamos o do SALGUEIRO CHORÓN, pois queremos completar as árbores que observamos durante o roteiro que fixemos polo patio.


Antes de poñernos a debuxar, hai que observar detidamente para analizar as características da árbore: forma, tamaño e cor do tronco, das ramas, das follas... Neste caso, a peculiaridade do sauce chorón é a maneira na que as súas ramas e follas caen simulando bágoas. Sendo as follas pequenas, estreitas e alongadas. 



Ademais observaron que co pao do outono, a pesar de que comezo hai pouco, xa se lle nota que ten menos follas, na copa, e que o chan está cheo delas. Polo tanto trátase dunha árbore de folla caduca. 

* Parte do noso proxecto sobre "as árbores do noso patio" fundaméntase na observación das mesmas para ver como varian co paso das estacións. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.