luns, 24 de outubro de 2016

@ PROTAGONISTA DA SEMANA

Este curso imos a levar a cabo un proxecto no que o alumnado sexa o protagonista principal. Con el, queremos abordar de maneira conxunta varios temas das materias de ciencias naturais e sociais: as características persoais, a familia, as profesións, os tipos de vivendas, as estancias da casa o concello de Pontecesures...

Cada semana un/unha nen@, levará para a súa casa o arquivador do protagonista  para traballar  con el e cubrir toda a información que se require:

·       Datos persoais do/da neno/a.
·       Datos da súa familia: árbore xenealóxica.
·       Profesións dos seus familiares.
·       Datos do seu domicilio: a súa rúa.
·       Datos da súa casa: estancias.


Levarán o material o luns, e deberán traelo de volta o luns seguinte, para así converterse nos protagonistas da semana, e ó longo da mesma explicarllo todo ós/ás seus/súas  compañeiros/as.

No arquivador irán as follas que deben cubrir; dediferente cor, en función da temática. As imaxes deben vir sen pegar, posto que realizaremos un mural colectivo coas de  todos/as nenos/as, para así poder traballar con elas.


A protagonista desta semana é LARA. Hoxe puxo en común a información correspondente ó apartado de COMO FUN? COMO SON?. 







Cubriu un mural que irá cubrindo cada protagonista para despois poder analizar e comparar os datos. Mañán Lara falaranos da súa familia





* Moitas grazas por involucrarvos sempre en todas as actividades que propoño. Sen a vosa colaboración, non sería posible levalas a cabo. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.