As nocións espaciais son moi importantes, dende pequenos empezan a asimilar e asociar estes conceptos, tanto en referencia a si mesmos, a outras persoas ou obxectos.
Hoxe comezamos a traballar cos conceptos de ESQUERDA e DEREITA, algo tan habitual e normal para nós, os adultos, pero algo confuso para @s pequech@s.
Para afianzar estos conceptos, comezamos por asiganarlle unha cor a cada un, colocamos letreiros no encerado e pegatinas nas nosas mans:
VERMELLO: ESQUERDA
VERDE: DEREITA
Realizamos varios exemplos prácticos e o encargado do día, DAMIÁN, colocuse mirando en diferentes direccións, para comprobar que cando miramos a un lado ou a outro, se temos a outra persoa enfronte...
Tamén falamos dos zurdos e dos destros (de man e de pé). Este curso na nosa aula tod@s son destr@s.
Ata bailamos todos xuntos unha canción para afianzar a través da música e do baile estás nocións. Seguro que para moit@s nais e pais será familiar... "LA YENKA"
"Izquierda, izquierda.
Derecha, derecha.
Delante, detrás.
Un, dos, tres."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.