domingo, 9 de outubro de 2016

COUSAS DE CASTAÑAS

Ben é certo que durante esta estación do ano, o OUTONO, a pesar de haber  moit@s froit@s, a CASTAÑA é a máis representativa.

OMAR trouxo CASTAÑAS PILONGAS, que proceden do castiñeiro de indias, e PAULA trouxo CASTAÑAS COMÚNS, que proceden do castiñeiro común.

O outro día comparamos ambas castañas: cor, forma, textura... intentando atopar semellanzas e diferenzas. 



Tamén buscamos na rede, imaxes da árbore, das follas, da flor e da envoltura do froito, para facer o mesmo. 



CASTAÑEIRO DAS INDIAS (Aesculus hippocastanum): débelle o seu nome ó seu lugar de orixe. Tamén se lle coñece como falso castiñeiro, debido a que o seu froito é moi parecido ó das familias da castanea (castiñeiros)


CASTAÑEIRO COMÚN (Castanea Sativa) 

Puideron comprobar, que ainda que hai semellanzas, as diferenzas son salientables, posto que a pesar de compartir nome, son árbores completamente diferentes. 

* As follas do castiñeiro de indias son palmeadas e compostas, cos marxes finos, mentres que as do castiñeiro son follas simples con marxes aserrados. 

* A cuberta do froito do castiñeiro, está composto por moitas espiñas, o ourizo, e dentro ten varios froitos. A cuberta do castiñeiro de indias, ten ,menos espiñas e so contén un froito. 


É xenial aprender cousas interesantes a partir de algo que tren @s pequech@s á aula. Á motivación incial xa é totalmente diferente, e sen dúbida, eso é un aspecto fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe. 

Todo cambia cando aprendemos algo podendo empregar os 5 sentidos: vista, oído, olfato, tacto e... gusto!




A probar! (Pelamos algunhas castañas comúns para probalas crúas) 






Moitas grazas Paula e Omar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.