Ó longo desta semana estivemos aprendendo cousas sobre a orixe do Samaín, e aproveitamos para analizar as similitudes e diferenzas co Halloween, xa que este último, ten as súas orixes precisamente nas tradicións celtas que en séculos pasados os irlandeses levaron a América.
Como este curso contamos con Kayla, a auxiliar de conversa que ven de California, e coa que @s nen@s interaccionan nas clases de plástica (sección bilingüe), valémonos dos seus coñecementos e vivenzas sobre esta celebración para organizar unha Festa SAMAÍN * HALLOWEEN. (Para poder realizar esta gran festa tamén contamos coa colaboración das "teachers" Ana e Silvia).
Comezamos o día con TALLER DE MAQUILLAXE, con figuras terrorífiacas: pantasmas, arañas, bruxas, cabazas, esqueletos...
Seguidamente realizamos un TALLER DE COMIDA TERRORÍFICA: na que elaboramos pantasmas de plátano, cabazas de mandarina e arañas de galleta e regaliz.
O día rematou cunha YINCANA DE XOGOS relacionados con esta temática:
* Adiviña que comida tocas - Food guessing game.
* Pescar a mazá - Apple bobbing.
* Carreira de momias - Mummies race.
* Ponlle a "verruga" á bruxa - Put the wart on the witch.
Hoxe pequen@s e maiores gozamos ó máximo con esta gran festa SAMAÍN * HALLOWEEN.
MAÑÁN... MÁIS!
* Lembrade que @s nen@s poden vir disfrados do que máis lle guste, xa que faremos o "TRUCO OU TRATO".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.