luns, 3 de outubro de 2016

LIBROS+LECTURA

Hoxe @s pequech@s levaron a carpeta cunha nota, na que explicaba que cada LUNS, @s nen@s levarán 2 libriños á casa para todos os días ler e así mellorar a axilidade lectora e a comprensión (comezamos con dous libros pequenos e sinxelos, a medida que pase o tempo, os libros irán aumentando progresivamente de complexidade e número de páxinas, de xeito, que en lugar de dous, seguramente irá un).

A lectura é unha porta de acceso á cultura, á información, ó coñecemento e á fantasía; esta xoga un papel moi importante na linguaxe, xa que grazas a ela aumentan o seu vocabulario e melloran a ortografía.

Debemos fomentar un hábito lector diario, pero dun xeito motivador para os/as nenos/as, xa que grazas a el conseguiremos que melloren o seu rendemento na escola e aprendan a expresar mellor o que pensan e como se senten, ó tempo que melloran a súa memoria e a súa concentración.

É fundamental no proceso de aprendizaxe do alumnado, que xa iniciaron en educación infantil e continuará ó longo das demais etapas educativas.

Soamente unha boa lectura guiará ós pequech@s a unha boa escritura, de xeito, que ler, non é importante... é IMPRESCINDIBLE! Por iso pedimos a vosa colaboración para fomentar o hábito lector e que así melloren día a día.

Pero, dende o cole, non é a única actividade que faremos para fomentar a lectura... Todos os VENRES, acuderemos á BIBLIOTECA do centro, e cada nen@ co seu carné, elixirá un libro para levalo. Traerano ó venres seguinte, para renovalo, se non o remataron ou queren volver a lelo, ou se prefiren levar outro.

Ao falar deste tema, decidimos facer unha visita á biblioteca, para fixarnos en como están colocados e distribuidos os libros, que códigos de identificación empregan, cal é a estantería na que podemos coller libros...




Observamos que a estantería co código azul é a da que podemos elexir libros. Tamén nos fixamos que están colocados por orde alfabética.





Este venres probaremos!

Outra actividade relacionada ca lectura, e que deixa de manifesto o lugar destacado que ocupa para nós, é que adicamos 20 minutos diarios, xusto despois do recreo, á ler. Facémolo de diferentes xeitos, lectura individual, lectura colectiva, lectura silenciosa, lectura en voz alta... 

E todo isto para contribuir a mellorar todos os aspectos que citei anteriormente. 

Ademais lembramos un pequeno video que grabamos en 5º de educación infantil, para conmemorar o día do libro, no que precisamente, queríamos resaltar a importancia da lectura: Lembrádesvos?





Para cerrar a publicación de hoxe, cito esta frase, que recolle perfectamente a importancia da lectura: 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.