Con motivo da conmemoración do DÍA DO LIBRO, todos os grupos de Infantil, Primaria e Secundaria do CPI de PONTECESURES embarcámonos nunha aventura literaria conxunta:
A elaboración dun LIBRO COLECTIVO.
Trátase de que cada curso forme parte da narración da historia. Os máis pequenos, a aula de 3 anos, comeza a historia, e os demais cursos, por orde ascendente, vana completando ata que o rematan os maiores do cole, os alumnos de 4º da ESO.
Que historia xurdirá? Eso é o máis interesante...
Comezouse a facer o libro esta semana, por coincidir coa celebración do día do libro, e alargarémolo ata o mes de maio, coincidindo o seu remate coas LETRAS GALEGAS, xa que se trata dun libro na nosa lingua... que mellor broche final!
Despois de que os de 3 anos comezasen a historia, pasáronsnos a súa "páxina" do libro colectivo para que nos o continuásemos.
Reunímonos na asamblea para observalo, comentalo e buscar ideas para continuar.
O libro comeza: "ERA PRIMAVERA..."
E despois de moito darlle voltas á cabeza e de pensar cousas relacionadas coa primavera pero tamén co noso cole, decidimos continualo así:
"OS PAXAROS CANTAN
NO ALTO DO PINO MANSO"
Como o noso cole está ao lado do mirador do pino manso, inspirámonos nesa árbore para continuar o conto e serviunos de inspiración para ilustralo.
Fixemos a árbore coa ténica do collaxe, pegando anaquiños pequenos de papel charol.
E todos debuxamos paxariños, voando, apoiados nunha rama, niños, ovos...
Así quedou a nosa páxina do LIBRO COLECTIVO:
Estamos desexando que chegue o gran día no que esté rematado para lelo enteiro...