Cando escoitamos a palabra LEITE, a nosa cabeza imaxina unha vaca... pero en realidade non é a única leite que hai!
Hoxe veu a nosa aula IRIA a nai de Mariña, para ensinarnos a facer LEITE VEXETAL.
Primeiro fixo unha pequena introducción do tema: falando das leites de ORIXE ANIMAL (de vaca, ovella e cabra) e os productos que se poden obter delas (iogures, queixo...) Pero hai persoas que non poden tomar este tipo de leite, porque lles senta mal: son "intolerantes", ou simplemente prefiren consumir outro tipo de leites, neste caso, de ORIXE VEXETAL.
Dentro das LEITES DE ORIXE VEXETAL a máis coñecida é a leite de "soja", pero tamén hai leite de froitos secos. Falamos un pouco destes froitos secos, que se chaman así precisamente porque están "secos", non teñen "auga" no seu interior coma si ten a froita coa que se pode facer zume.
Centrámonos nos dous froitos secos cos que traballaremos hoxe: AMÉNDOAS e NOCES: que nacen rescpectivamente da amendoeira e nogueira.
Nesta ocasión, Iria, trouxo unha máquina especial para facer leite vexetal, e fixémola dos 2 tipos.
* O día anterior a que deixar os froitos secos a "remollo" para que se hidraten.
* Meter os froitos secos hidratados no recipiente da máquina e engadir a auga.
* Apretar varias veces o botón que activa a maquina.
* Cando o leite está listo, botámolo nunha botella e observamos como quedaron os restos dos froitos secos (as amendoas primeiro e as noces despois, pois fixemos cada leite por separado)
* A primeira impresión foi extrana, pois nada ten que ver co sabor da leite de vaca, que os pequen@s están acostumados a tomar.
- Engadímoslle MEL á leite de AMÉNDOAS para endulzar un pouco o sabor.
- Á leite de NOCES engadímoslle SIROPE DE ÁGABE.
Moitísimas grazas por todo IRIA!