Onte foi 24 de DECEMBRO, NOITE BOA, cando o APALPADOR baixa das montañas do Courel para apalparlles a barriguiña aos neno@s mentres durmen... Pasou pola vosa casa?
Espero que vos deixase o que lle pedíchedes na CARTA que lle escribimos no cole.
Aproveitamos para falar un pouco da estructura dunha carta:
* Lugar e data, saúdo a persoa a quen vai dirixida, contido, despedida e sinatura.
* Sobre: No que temos que indicar nome e dirección do remitente de do destinatario.
Ata fixemos un pequeno "photocall" co Apalpador:
* Moitas grazas á familia de MATEO por mandarnos este Apalpador que montamos todos xuntos na clase para facer este photocall.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.