O tempo foi pasando e pouco a pouco o OUTONO vai rematando, pero nós cada día encargámonos de realizar unha OBSERVACIÓN directa dos cambios que esta estación deixaba no entorno, en xeral, e nas árbores do noso cole, en particular.
Observamos como o paso dos días e o efecto da choiva e o vento, facía que as nosas árbores perdesen as súas follas.
Realizamos un rexistro fotográfico para poder comparar e contrastar que efectos tivo o outono nas árbores do noso patio.
No noso patio, temos unha gran variedade de exemplares de árbores, tanto de folla caduca coma de folla perenne. Durante estes meses observámolas todas, pero centramos o rexistro en imaxes, en dúas en espacial: o carballo americano e as moreiras.
O paso do outono no CARBALLO AMERICANO
O paso do outono nas MOREIRAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.