luns, 21 de decembro de 2015

BO NADAL

Comezou unha semana especial para os mais pequenos da casa, xa que hoxe foi un luns diferente: non houbo que madrugar para ir ao cole porque... 

ESTAMOS DE VACACIÓNS!

Por diante agardan días de lecer que hai saber quitarlles o máximo rendemento. Hai que aproveitar para descansar, porque o teñen ben merecido despois de todo o traballo que realizaron no primeiro trimestre, pero o tempo da para moito:

* Pasear polas rúas mentres soan panxoliñas.
* Gozar coa iluminación das rúas.
* Decorar a casa.
* Facer algunha manualidade de Nadal.
* Preparar algún doce típico destas datas.
* Cantar panxoliñas.
* Bailar ao son da música de Nadal.
* Xuntarse coa familia para comer ou cear.
* Rirse sen parar mentres escoitamos anécdotas familiares.
* Xogar a algún xogo de mesa en familia.
* Soñar coa máxia destas datas ante a chegada do Apalpador, de Papá Noel ou dos Reis Magos.

E calquera outra cousa que se vos ocorra para pasar tempo e gozar ao máximo cos voso pequech@s.

Desexóvos un...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.