En días coma hoxe, ainda disfruto máis, se cabe, da miña profesión... Pois ver entrar a todos os pequech@s entusiamasdos, cun sorriso de orella a orella, cos ollos coma pratos e os nervios a flor de pel... iso NON TEN PREZO!
Moitos días de ensaio que hoxe terían a súa culminación cunha gran ACTUACIÓN no FESTIVAL DE NADAL...
Chegaron guapísom@s pero todavía faltaba o toque final... unhas orelliñas a xogo coa cor da roupa e un pouco de maquillaxe para caracterizalos dos diversos animais que aparecían na panxoliña que iamos a interpretar.
Cando xa estábamos listos, subimos á entrada do edificio de primaria, que era onde nos esperaba o "escanario improvisado" que acollería o festival.
A espera fíxosenos moi amena xa que gozamos inmensamente escoitando aos nosos compañeiros, pero estábamos desexando subir ao escenario...
Aquí vos deixo a letra da nosa divertida PANXOLIÑA para este Nadal acompañedes aos vosos fill@s e amenicedes xuntos as comidas e ceas familiares.
"NA CASA DA MIÑA AVOA"
Na casa da miña avoa
celebramos o Nadal,
ceando todos xuntiños
netos, sobriños e irmáns.
E cando chegan as doce
a miña avoa dorme xa,
e os RATIÑOS connosco
saen todos a bailar.
E os CANCIÑOS…
E os MICHIÑOS…
Mamá Cabra
"Xa me tardan estes magos"
* Moitísimas grazas pola vosa presenza, polos vosos aplausos e palabras de ánimo, e sobretodo grazas pola paciencia, xa que o espazo non é moi cómodo para vós, pero por desgraza non contamos con outras instalacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.