luns, 7 de decembro de 2015

EXPOSICIÓN ÁRBORES NADAL

Hoxe comezaron  a chegar as ÁRBORES DE NADAL que os pequechos fixeron coas súas familias para a nosa exposición


Cada pequech@ ensinou a súa árbore e explicou como a realizou e con quen.



Estas son as ÁRBORES de MARTÍN,  MATEO, ANXO DOVAL e MARIÑA. Mirade que gran variedade de técnicas e materias empresa ron... Deixaron voar toda a saber imaxinación,  e este é o resultado:

MARTÍN realizou varias árbores. 
* Unha integrouna dentro dunha postal. Empregou cartolinas de cores e a árbore decoruna conpurpurina e cintas de cores. Añadeulle a mansaxe de "Bo Nadal", xa que as postais empréganse nestas datas para felicitar as festas. 

* Trouxo outra árbore con forma de triángulo, que decorou con tiras de cores e estreliñas por un lado, e cun collage de adornos de nadal recortados dunha revista polo outro. O tronco son dous paos e púxolleunha maceta para que se tivese en pé. 







MATEO tamén aproveitou a fin de semana para realizar varias árbores para a exposición.
* Unha árbore fíxoa con anacos de papel de xornal.
* Fixo un adorno con forma de árbore para a cal empregou unha ramiña dunha "tulla" á que lle colocou estreliñas.
* E a terceira realizouna cun rolo de papel desfeito, que pintou de cor verde e decorou con estrelas.





ANXO DOVAL realizou unha árbore con forma de cono, que parecía un gorriño de festa. Adornouna con lazos, abalorios de diversas formas e cores, gomaespuma... 




MARIÑA trouxo unha árbore feita con rolos de papel hixiénico pintados. Empregou círculos de goma eva para facer a parte frontal e traseira do abeto. As boliñas son pompóns. Colocou espumillón ao redor e no tronco colocou agasallos.




Así de ben quedan no nosa EXPOSICIÓN, esperamos recibir máis árbores nos vindeiros días.



* Moitas grazas as familias destes pequech@s pola súa colaboración.  



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.