Hoxe comezou o mes de DECEMBRO un mes moi especila por múltiples razóns:
* É o mes do NADAL.
* Remata o primero trimestre.
* Temos vacacións.
* Levamos todos os traballos á casa para ensinárllelos á familia.
O NADAL é unha época que normalmente aos pequechos, e aos non tan pequechos, lles encanta... A maxia do Nadal xa se respira no ambiente: as luces nas rúas, a decoración nas tendas, nas casas, na escola...
Deste xeito comezamos a falar sobre o que supoñen para eles estas festas, o que máis lles gusta, que coñecen do Nadal...
Comezamos a escoitar algunhas PANXOLIÑAS, as cancións máis típicas destas datas: no festival de Nadal sorprenderémosvos interpretando unha moi chula... pero teredes que agardar ao 17 de Decembro.
Falamos da ÁRBORE DE NADAL, o ABETO, e decidimos preparar un "moi especial" para decorar o corredor do noso cole. Para iso pintamos as nosas mans de verde e estampámolas para despois facer unha composición que formará o noso abeto de nadal.
Este é o resultado:
Os vindeiros días engadirémoslle adornos para que quede máis chula!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.