Aquí vos deixo algunha cousiña máis sobre o APALPADOR ese personaxe galego tan peculiar, que receibe o seu precisamente porque no Nadal vaixa ás casas dos nenos galegos para apalparlles a barrigiña mentres durmen.
Os pequechos xa case case saben a canción enteira, animádesvos a aprendela e cantala con eles?
CANTIGA DO APALPADOR - "Malvela"
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña,
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.