Seguimos recibindo árbores de Nadal moi orixinais e espectaculares, e o mellor, feitas con todo o agarimo dos pequech@s e as súas familias.
SARA trouxo unha árbore feita cunha revista dobrada, pintada con "spray" verde, decorada con espumillón vermello e unha estrela de gomaeva dourada de purpurina.
THALÍA empregou ramiñas dun abeto artificial para facer o súa árbore, á que lle fixo adornos con papel de aluminio, e engadiulle algodón no tronco, simulando neve.
MARTA fixo a súa árbore con cartón ao que lle deu cor con tempera verde e as boliñas fíxoas cos "cascos" das landras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.