Hoxe, pretiño da unha do medio día, cando estabamos gozando dunha sesión de "cine" xunto cos alumn@s de 4 anos B, algo estrano aconteceu...
Petaron na nosa porta! dun xeito forte que nos deixou espectantes... cando abrimos, NON HABÍA NINGUÉN! pero atopamos 2 sacos misteriosos con dous sobres amarrados.
Comezaron as especulacións... quen sería o que petou na nosa porta?
O mellor que podíamos facer para averigüalo era buscar no sobre quen escribía a carta... E sabedes quen era?
O APALPADOR
Puxen "as miñas gafas de ler especiais para o Nadal" e comecei a ler a carta que o Apalpador lles deixou para todos os nen@s de 4 anos A e B.
Na carta o Apalpador explicábanos que non podía parar moito tempo porque está moi atarefado preparando todo para a noite de 24, cando ten que ir por todas as casas dos nen@s galegos para apalparlles a barriguiña e deixarlles unha presa de castañas.
Tamén nos contou un segredo... que estivo escondido no MAGOSTO do noso cole vixiándonos... ohhh!
MOITÍSIMAS GRAZAS APALPADOR!
Foi un día xenial! A mellor maneira rematar o trimestre e marchar de vacacións de Nadal!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.