xoves, 3 de decembro de 2015

DEBUXAMOS ABETOS!

Estes días nos que estamos comezando a traballar o NADAL colleu especial protagonismo a ÁRBORE, o ABETO, que durante estas datas énchese de cor, vístese con boliñas, adornos, cintas, lazos, estrelas... e parpadea coas súas luceciñas de cores.





Hai ABETOS NATURAIS, que son de cor verde, con follas que parecen "agullas" e hai que ter coidado porque pinchan (recórdannos ás do piñeiro), e precisan estar enterrados, ter auga e luz solar para medrar. 





Pero como hai que coidar a natureza e non se poden talar as árbores, outra opción para o Nadal son os ABETOS ARTIFICIAIS, que poden ser de cores moi diversas e non precisan estar prantados, pois teñen un soporte para manterse en pé.



A forma dos ABETOS recordanos a un triángulo.






Despois de observar unha variedade de imaxes, fixarnos e describir as características dos abetos, puxémonos a debuxar as nosas ÁRBORES DE NADAL,  Colgámolas no corredor para que as familias poidan ver que chulas quedaron.





Na nosa clase e no resto do cole tamén hai ABETOS que forman parte da decoración de Nadal.



Escoitamos unha PANXOLIÑA moi especial "O ABETO ESTÁ BALEIRO", pois emprega o linguaxe de signos. Falamos sobre este linguxe, para que serve, que persoas o empregan: os xordos e os mudos, un tipo de discapacidade. 





Hoxe era un día especial para traballar este tema debido a que o 3 de DECEMBRO é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.