xoves, 3 de decembro de 2015

O APALPADOR

Este ano queremos recuperar un personaxe típico da tradición galega do Nadal, que está un pouco esquecido e sobretodo desbancado por personaxes collidos doutras tradicións ou incluso da relixión católica...

Este personaxe é...

O APALPADOR

O Apalpador é unha figura lendaria galega que vive nas montañas do Courel, traballando de carboeiro.
Polo Nadal vaixa da montaña ás casas, e mentres os nenos durmen, apálpalles a barriga para saber se están ben mantidos; e deixalles unha presa de castañas.


Estes días xa viñemos falando algo del, por iso XULIA trouxo hoxe un Libro CD que contiña unha canción sobre o Apalpador. Escoitámola, comentámola e comezamos a aprendela. 


* Seguiremos falando do Apalpador e aprendendo máis cousas. Para os que non o coñecíades espero que vos parece interesante xa que penso que é importante coñecer e sobretodo recuperar e conservar as tradicións da nosa terra, que non lle teñen nada que envidiar a outras. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.