martes, 8 de decembro de 2015

FACENDO ADORNOS PARA A ÁRBORE...

Xa que este ano lle estamos dando un especial protagonismo a ÁRBORE DE NADAL, e estamos realizando múltiples e diversas actividades que xiran en torno a ela (murais, exposicións, debuxos...) tamén decidimos realizar ADORNOS para decorar a árbore que temos colocoda na entrada do cole, e que cando cheguen as vacacións os pequch@s levarana para as súas casas.


Neste caso eleximos unhas FLORES DE NADAL que recordan un pouco ás flores de pascua, que nestas datas están presentes nos fogares.



Os pequechos pintáronas con temperas de diferentes cores.






Deixámolas secando para o próximo día colocarlles un laciño para poder colgalas, e poderedes ver o resultado final. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.